Wednesday 08 de May de 2024

Xornada de formación en dereitos laborais para traballadoras do ámbito dos coidados


Terá lugar o martes 14 de marzo de 18 a 20 horas e precisa de inscrición previa.

Co gallo da conmemoración do Día das Mulleres, a área de igualdade da Deputación da Coruña impulsa unha campaña de sensibilización, visibilización e denuncia da vulneración dos dereitos das mulleres no ámbito laboral: “É por ser muller. Loitemos por unha igualdade real”.

Unha das liñas de actividades desta campaña ten como obxectivo crear espazos de formación centrados nos dereitos laborais das traballadoras do ámbito dos coidados. Así, apóstase por poñer en marcha un circuíto de obradoiros por diferentes comarcas da provincia durante os meses de marzo e abril, “Feminismos, traballo e vida. Dereito ao coidado, coidados con dereitos”.

Estes obradoiros terán lugar en Cabanas, Arzúa, Betanzos, Cambre, Carballo, Oroso e Zas. O Concello de Cabanas inicia este circuíto promovendo un obradoiro de dúas horas dirixido a traballadoras do ámbito dos coidados e do fogar. O gran obxectivo é formarse sobre os dereitos laborais deste ámbito, poñendo énfase nas últimas novidades lexislativas; así como tamén fomentar a reflexión sobre os coidados, fundamentais para soster as vidas.

Esta formación terá lugar o martes 14 de marzo de 18 a 20 horas na Casa do Concello de Cabanas. Para participar é necesario apuntarse en igualdade@cabanas.gal ou chamando ao 649 075 263.